XOVES 12 - 12h e 17h / Santa Margarida

45 minutos / Todo público

TIP-TAP-POUM é un espectáculo musical de teatro xestual e tap-dance, para tódalas as idades e con moito xogo. Un personaxe excéntrico que ven do máis aló, cuns zapatos de claqué, pucheiros, culleres, pratiños e outros elementos sonoros delirantes, transforma o espazo nun concerto teatral, cunha orquestra moi particular e ondas de verdadeiras risas. Sen palabras, sen guión, fresco e espontáneo.
 

ROLANDO RONDINELLI (ARG) Tra-la súa formación teatral con Ricardo Piris en Buenos Aires, complementa os seus estudos na escola ‘’Puro Circo’’. En 2001 trasládase a España e continúa a súa formación circense e de danza en Barcelona, Madrid e Lisboa. Tras diferentes proxectos, con “El Teatrero” gaña o premio ao mellor espectáculo no festival Sin Telón de Valladolid, xirando logo por Europa e Latinoamérica. En 2013 estrea “Tip-Tap-Poum”, unha síntese dos seus últimos 10 anos de traballo, unha exquisita fusión de teatro xestual e tap-dance.

http://www.rolandorondinelli.com/

Captura de pantalla 2021-08-03 a las 13.03.57.png

XOVES 12 - 18h / Santa Margarida

40 minutos / Todo público

HOP HOP Espectáculo baseado nas artes do circo, o xogo do clown e a interacción co público. As técnicas empregadas son o malabarismo, o verticalismo, a manipulación de obxectos... A decisión de non usar palabras leva o espectáculo a un nivel xestual e visual, que permite ao espectador entrar empáticamente en contacto co artista e o seu mundo imaxinario.

 

SIMONE ROMANÓ (IT) Pallaso italiano formado en danza en "Mimma Testa" en Italia, e en técnicas circenses na Circus Space de Londres, especializándose en verticais. Colabora con directores como Mike Barnfather, Joice Henderson, FZ Company ou The Kosh Company. Ten levado os seus espectáculos a países como Italia, Suíza, Alemaña, España, Holanda, China, Turquía ou Bulgaria. Formou parte do Circo Monti, un dos mellores circos suízos, baixo a dirección de Masha Dimitri.

http://www.simoneromano.net

Captura de pantalla 2021-08-03 a las 13.04.08.png

XOVES 12 - 22h / Santa Margarida

45 minutos / Todo público

HELL BROTHERS Rejhuz e Glakghs son os Hell Brothers, fillos do mesmo Satán. Expulsados polo seu pai do averno, para que aprendan a gañar o mal por si mesmos, chegan á terra

coa finalidade de conseguir as almas dos mortais e dominar a humanidade, demostrándolle así ao seu pai que son dignos herdeiros. Pero… que van atopar ao chegar? En verdade estes dous “pobres diaños” son tan malos como presumen?

 

CIRKOMPACTO (GZ) Fundada no 2018 en A Coruña, Cirkompacto é a unión creativa de Iván Casanova e Malala Ricoy, formados no eido do Hangar Manicómico, con mestres de clown como Michel Dallaire, Christine Rossignol, Emmanuel Sembély, Carlos Sante e Marta Iglesias. Formados ademais en acrobacias de chan, dúo de portes, parada de mans e outras técnicas circenses en diferentes escolas do estado e internacionais.

ttps://cirkompacto.es/hell-brothers/

HellBrothersNUEVOHorizontal_2.jpg
cou.jpg

VENRES 13 - 12h / Santa Margarida

50 minutos / Todo público

SONÁMBULO Unha viaxe onírica, un cabaré portátil, un show de variedades a bordo dunha cama, onde viviremos o universo dun bufón rosmón que non consegue durmir, dun pallaso insomne que conta ovellas. Mais... quen está esperto, quen dorme e quen soña? Antón Coucheiro presenta un espectáculo de rúa sen palabras; clown, teatro físico, efectos máxicos... nunha comedia visual na que a participación do público resulta fundamental.
 

ANTÓN COUCHEIRO (GZ) Pallaso, actor, director, dramaturgo e profesor. Traballa nas artes escénicas e na televisión dende o 2003 e durante quince anos co seu espectáculo cómico na rúa Cigânì, estrenado no 2005. Con este e outros - ademais de impartir cursos de clown e impro - viaxa a festivais en España, Portugal, República Checa, USA, Brasil, Mozambique, Cuba, Colombia, Perú ou Costa Rica.
https://antoncoucheiro.wixsite.com/sonambulo

VENRES 13 - 17h / Santa Margarida

DOMINGO 15 - 12h  / Santa Margarida

45 minutos / Todo público

PSYCHO CHICKEN by Demenzio A atmosfera do estraño mundo de Dementius está chea de marabilla e excentricidade. Funambulista da improvisación, acróbata da ilusión, pallaso e charlatán moderno. Este tolo intérprete fará que flotes con el dun xeito cómico e orixinal, amosándonos un universo onde a realidade e a lóxica cambian as súas connotacións ata converterse nunha danza redonda.

FAUSTO GIORI (IT) Un curioso soñador que deixa todo atrás para emprender unha viaxe coa esperanza de atopar o seu propio camiño. Artista italiano dunha longa experiencia teatral e circense, especializado nas artes do clown con Michel Dallaire e Christine Rossignol no Hangar Manicómico de A Coruña. As experiencias adquiridas, o espírito de investigación, a procura interminable de vivir o seu soño e a busca constante da intuición axeitada, permítenlle crear DEMENZIO, dirixido por Christine Rossignol

http://www.faustogiori.it/en/index.php

kaldi.jpg

VENRES 13 - 22h / Santa Margarida

45 minutos / Todo público

KALDI Unha moza fala, a través da acrobacia aérea e o movemento, da súa visión sobre o café, símbolo da rutina diaria na que estamos atrapados, repetindo o mesmo patrón unha e outra vez. Como podemos escapar desta rutina? O café nos seus diferentes estados (líquido, pó, gran ...) consegue cambiar a calidade do movemento, incluso a personalidade deste ser, ata transformalo.

 

CÍA. AL GRANO (GZ) Compañía galega emerxente de nova creación na que Johanna Hesse, apadriñada polos veteráns Maintomano, despois de estudar no Instituto Nacional de Artes do Circo de Portugal, mostra a súa peza en solitario combinando o trapecio, a danza e o clown.

https://www.facebook.com/cia.algrano/

SÁBADO 14 - 12h e 17h / Santa Margarida

50 minutos / Todo público

TITIRICIRCUS é o "todoterreo" de Tanxarina, con máis de 1200 representacións. Trátase dunha lembranza fantástica e festiva do grande circo de carpa alta e bicolor. Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido: o home máis forte da península Ibérica, o malabarista máis divertido e bailadeiro do mundo... O libro do espectáculo foi publicado recentemente pola editorial Kalandrakada.
 

TANXARINA TÍTERES (GZ) Fundada no 1983 é unha das formacións máis recoñecidas e prestixiosas do teatro de títeres galego tanto dentro como fóra do pais. Teñen a súa sede en Redondela, de onde xorde o máis importante Festival Internacional de Títeres de Galicia. Teñen presentado os seus traballos nos máis importantes festivais de teatro de títeres de Europa e Sudamérica.

https://tanxarina.es/es/titiricircus/

Captura de pantalla 2021-08-04 a las 13.27.46.png

SÁBADO 14 - 22h / Santa Margarida

50 minutos / Todo público

YA ES TIEMPO DE HABLAR DEL AMOR Despois de máis de 20 anos de traballo, chega un momento no que os corpos circenses están preto do seu límite físico. Que hai máis aló? Que futuro nos espera?

Superar os límites corporais e as condicións físicas para dar forma a un espectáculo circense que vai máis aló da resistencia, a forza ou a axilidade dando sentido á comunidade e ó colectivo. Unha historia baseada en feitos reais con altas doses de ficción. A través do humor, a música, os malabares, as acrobacias e un poético circo desbordante, conseguen crear un espectáculo divertido e emotivo para todo público.

 

 

CIRCO DERIVA é unha compañía de recente creación formada por Marta e Óscar, membros da compañía Circocido, e Periko e Irene, de Cirko Psikario, dúas parellas artísticas de longa duración que superaron a idade madura dos 40 anos. Unidos pola amizade e a necesidade de unir forzas ante un mundo desmembrado, deciden xuntarse para facer unha penúltima acrobacia: chegar a falar das súas vidas e non morrer de risa ao tentalo. Rolando San Martín é o guía desta aventura escénica inusual e única.

https://circoderiva.wixsite.com/circo/el-espectaculo

Captura de pantalla 2021-08-04 a las 13.30.59.png
gala 2018 3.jpg

DOMINGO 15 - 19h  / Santa Margarida

 

GALA XX FESTIVAL MANICÓMICOS

 

90 minutos / todo público

Como xa é tradición, o Festival pecha o seu programa cunha gala de variedades cómicas e circenses, para celebrar por todo o alto unha edición máis, coa participación de artistas que pasaron polo festival e outros invitados para a ocasión. Presentada por Marta Sempre Arriba.

www.manicomicos.org/festival

 

info@manicomicos.org